Formulario de acceso






Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí

Creada por



Benvido/a a Asociación Xiara!

Dende o ano 2002 conformouse en Santiago de Compostela unha Plataforma pola Dignificación do Emprego de Fogar composta por organizacións sindicais, sociais e veciñais, despois de varias actuacións, entre elas, a recollida de 6000 sinaturas de apoio ao cambio das condicións da  lei que regula o traballo de fogar . Estas sinaturas presentáronse aos tres grupos políticos con representación no parlamento galego que, acadaron en 2003 un  acordo parlamentario onde se sentaban as bases para o cambio lexislativo e social; neste mesmo ano xurde a Asociación Xiara que se consitúe no ano 2004 . Nela  participan activamante traballadoras de fogar. 

 

No ano 2005 publicouse “Na procura dun traballo digno” un documento onde se recollen breves historias anónimas sobre a vida do traballo das empregadas de fogar, unha descrición da realidade das ofertas de traballo neste sector ,  e un apartado informativo sobre a lexislación que regula o traballo de fogar. Con motivo da publicación do Libro organizouse unha Mesa Redonda na que participaron representantes sindicais e da administración pública, onde se debatiron e concluíron unha serie de actuacións de futuro.    

 

No ano 2005 acadouse outro acordo parlamentario, neste caso no goberno estatal, para traballar no cambio das condicións sociais e legais do emprego de fogar. Entre o 2005-2006 iniciamos o contacto e participamos na Plataforma Estatal de Asociacións de Empregadas de Fogar polo cambio social e legal do sector do emprego de fogar.

 

No ano 2007 fundadora xunto cunha ducia de asociacións doutras partes do Estado da  Plataforma  Estatal de Traballadoras de Fogar.

 

Neste mesmo ano 2007 coproducimos com Espazo Aberto Galiza a Curtametraxe “Esquecidas”, asimesmo, o mesmos dia da estrea da curtametraxe colaboramos e participamos nas I Xornadas de Emprego Doméstico en Galiza “ O traballo que só se vé cando non se fai” organizadas polo Servizo Galego  de Igualdade da Xunta de Galicia.

 .

2008 A Asociación Xiara conxuntamente con vinte organizacións do ámbito sindical, veciñal e social,  presenta á cidadanía unha proposta de salários mínimos.

 

2008 Proxección itinerante por toda Galiza da curtametraxe “esquecidas “ por diferentes asociacions de mulleres, inmigrantes, veciñais , estudiantes, sindicais realizando, ao mesmo tempo, foro de debate en canto á formación e información da situación  sociolaboral do emprego de fogar.

 

2008 Organización e participacion nas III Xornadas da Plataforma Estatal de Asociacións de Empregadas de Fogar, Madrid.

 

Ler máis...
 

¿Quen está en liña?

SUBVENCIONA