Hai traballos que só se ven cando non se fan!!
Achégate a nos!!
O Traballo de Fogar é unha importante fonte de emprego para persoas que desexan incorporarse ao mercado laboral e á súa vez favorece que outras persoas se incorporen ao mercado laboral.
As Traballadoras de Fogar favorecemos e resolvemos a conciliación laboral e familiar porque:
- Coidamos das nenas e dos nenos mentras que as súas nais e pais traballan fóra de casa.
- Coidamos persoas maiores, enfermas, dependentes… nas súas casas, porque non hai prazas suficientes en residencias. E as súas familias non os poden coidar.
Hai unha función social imprecindibel no traballo que desenvolven as traballadoras de fogar , malia todo isto…O noso traballo non está recoñecido como tal .