2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014

Dende o ano 2002 conformouse en Santiago de Compostela a Plataforma pola Dignificación do Emprego de Fogar, composta por organizacións sindicais, sociais e veciñais. Entre outras actividades de sensibilizacion, difusión e elaboracion de propostas para o cambio da situacion sociolaboral que soportan as traballadoras de fogar, recolléronse 6000 sinaturas de apoio ao cambio das condicións da lei que regula o traballo de fogar . Estas sinaturas presentáronse aos tres grupos políticos con representación no parlamento galego que asinaron en 2003 un acordo parlamentario onde se sentaban as bases para o cambio lexislativo e social.

2003. Da Plataforma pola Dignificación do Emprego de Fogar xurde a Asociación Xiara.

2004. Consitúese formalmente a Asociación de Empregadas de Fogar Xiara. Nela participan activamante traballadoras de fogar.

libroxiarapequenoNo ano 2005 publicamos “ Na procura dun traballo digno” un documento onde se recollen breves historias anónimas sobre a vida do traballo das empregadas de fogar, unha descrición da realidade das ofertas de traballo neste sector , e un apartado informativo sobre a lexislación que regula o traballo de fogar. Con motivo da publicación do Libro organizouse unha Mesa Redonda na que participaron representantes sindicais e da administración pública, onde se debatiron e concluíron unha serie de actuacións de futuro.

No ano 2006 acadouse outro acordo parlamentario, neste caso no goberno estatal, para traballar no cambio das condicións sociais e legais do emprego de fogar. Entre o 2005-2006 iniciamos o contacto e participamos na Plataforma Estatal de Asociacións de Empregadas de Fogar polo cambio social e legal do sector do emprego de fogar.

2006. Participación nas I Xornadas de Reflexión sobre o Emprego de Fogar en Madrid.

2007. Organización e participación nas II Xornadas de Reflexión sobre o Sector do Emprego de Fogar en Madrid.
No ano 2007. Fundadora xunto cunha con outras asociacións doutras partes do Estado da Plataforma Estatal de Traballadoras de Fogar.

2007. Producimos xunto con Espazo Aberto Galiza Filmes a Curtametraxe “Esquecidas”, asimesmo, o dia da estrea da curtametraxe colaboramos e participamos nas I Xornadas de Emprego Doméstico en Galiza “ O traballo que só se ve cando non se fai” organizadas polo Servizo Galego de Igualdade da Xunta de Galicia.

2007. Organización das I Xornadas Informativas dirixidas ao colectivo de mulleres que traballan no emprego de fogar e á cidadanía en xeral.

2007. Participación na Xornada “Muller e Emprego” organizada pola Plataforma polo Emprego”. En Santiago de Compostela.

2008. A Asociación Xiara conxuntamente con vinte organizacións do ámbito sindical, veciñal e social, presenta á cidadanía unha proposta de salários mínimos.

2008. Proxección itinerante por toda Galiza da curtametraxe “esquecidas “ por diferentes asociacions de mulleres, inmigrantes, veciñais , estudiantes, sindicais realizando, ao mesmo tempo, foro de debate en canto á formación e información da situación sociolaboral do emprego de fogar.

2008. organizacion das II Xornadas Informativas dirixidas ao colectivo de mulleres que traballan no emprego de fogar e á cidadanía en xeral.

2008. Organización e participacion nas III Xornadas da Plataforma Estatal de Asociacións de Empregadas de Fogar, Madrid.

2008. Participación na Xornada Cidades Globais: Migracións, Xénero e Traballo,em A Coruña organizadas por Acsur Las Segovias.
2008 Organización e Participación na Xornada “ Emprego Doméstico” análise e debate organizada pola Confederación Intersindical Galega en Vigo.

2009. Posta en marcha e desenvolvemento da campaña de promoción do asociacionismo “ Achégate a Nós” con diferentes actividades de sensibilización social de tipo cultural e social.

2009. Participacion na I Xornadas de Sensibilización : Muller Inmigrante Triple Discriminación” en A Coruña, organizado pola Asociación Amespa ( Asociación Latinoamericana-Eslava.

2009. Participacion na Xornadas Conferencias e Debates “ Contra Vento Marea” sobre a situación social e laboral da muller “ Contra Vento e Marea” en A Coruña, organizado pola Casa-Museo Emilia Pardo Bazán.

2009. Participación nas Xornadas “Un Lugar Justo para El Empleo de Hogar y sus Trabajadoras” en Madrid organizadas por INSTRAW, United Nations.

2010. II campaña de promoción do asociacionismo “ Achégate a Nós” con diferentes actividades de sensibilización social de tipo cultural e social.

2010. Participacion nas “I Xornadas Muller Inmigrante e Traballo Doméstico” organizada polo Concello de Pontevedra.

2011. Organización e realización doI I Curso Práctico O Asesoramento Sociolaboral das Traballadoras de Fogar e posta en marcha dunha asesoría para as traballadoras do sector.
2011. Impartición xornadas de formación: “As traballadoras de fogar coas mulleres no puerperio ” Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar , II Plan Galego de Inclusión Social Consellería de Traballo e Benestar , Xunta de Galicia.

2011. Impartición de Obradoiros de corresponsabilidade: Conversatorio “Equilibrio en familia” coorganizado co Foro Galego da Inmigración , Asociación Gondwana e a Plataforma polo Emprego.

2011. Froito do “curso práctico para o asesoramento sociolaboral para as traballadoras de fogar” realizado no mes de Marzo de 2011 , iniciamos a apertura da asesoria sociolaboral co obxecto de orientar, informar e asesorar legalmente ás traballadoras.

2012. Inicio e posta en marcha da asesoría sociolaboral de xaneiro a novembro

2012. Ao longo do ano Impartición de 11 sesións informativas e de asesoramento sobre a nova lexislación do emprego doméstico e a súa posta en práctica. 5 sesións em Santiago de Compostela, 2 en Ames , 2 en Vigo, 1 en Ribadeo e 1 en Coruña durante todo ano

2012. Ao longo do ano Impartición de 11 sesións informativas e de asesoramento sobre a nova lexislación do emprego doméstico e a súa posta en práctica. 5 sesións en Santiago de Compostela, 2 en Ames , 2 en Vigo, 1 en Ribadeo e 1 en Coruña durante todo ano.

2013. Asesoría saciolaboral con mais de 150 consultas.

2013. Actividades informativas e de difusión para a promocion do asociacionismo en Santiago no mes de maio e xuño.

2013. Sesións informativas e novos cambios da lexislacion do emprego doméstico en colaboración coa Plataforma polo Emprego, Asociacion de empresas de Insercion de Galicia e a Cruz Vermella en Santiago de Compostela e a súa comarca ao longo do ano 2014.