PERMISOS PAGADOS
Avisando antes da falta de asistencia ó empregador, pódese faltar ao traballo con dereito a recibir o soldo enteiro, polos seguintes motivos:
• Matrimonio:15 días
• Enfermidade grave, accidente ou morte de parentes próximos (pai, nai, fillos, irmáns, avós…tamén familia política): 2 días, ampliables a 4 se é necesario viaxar a outra localidade.
• Cambio de domicilio: 1 día
• Cumprimento de deberes como asistir a un xuízo, xestión, votar: polo tempo indispensable.
É conveniente pedir un xustificante
• Exames prenatais e técnicas de preparación ao parto que deban realizarse dentro da xornada de traballo.: Polo tempo indispensable.

REDUCIÓN DA XORNADA DE TRABALLO POR COIDADO DE FAMILIARES
Pódese pedir a redución da xornada entre 1/8 e a 1/2 para coidar de fillos e fillas menores de 8 anos ou parentes próximos (pai, nai, fillos, irmáns, avós, tamén familia política) . Como consecuencia o salario baixarase na mesma proporción en que se reduce a xornada e a cotización a S.S farase segundo o novo salario reducido.

LACTANCIA DE FILLOS/AS
Quen teña unha criatura menor de 9 meses pode reducir a xornada en 30 min, ao comezo ou ao final desta, á súa elección.
Outra posibilidade é coller unha hora enteira ou dúas medias horas interrompendo a xornada.

BAIXAS:
• Enfermidade: A parte empregadora paga dende o 4º ata 8º día, a partir da paga a S.Social.
• Accidente de traballo: cóbrase o 75% da base de cotización do mes anterior á baixa.Empézase a cobrar dende o día seguimte á baixa por accidente.

QUÉ É A LIQUIDACIÓN?
É a parte proporcional de pagas extras e vacacións non disfrutadas ás que hai que sumarlle 9 días de indemnización por remate do contrato de duración determinada

QUÉ É A NÓMINA?
É un documento que reflicte o soldo que recibe a traballadora cada mes.É válido calquera papel que reflicta coa debida claridade e separación a retribución bruta e os descontos.
É o teu dereito, pídea!!o empregador/a ten a obriga de entregala cada mes , ademais do soldo. Polo tanto, o traballador/a ten dereito a esixir a nómina e se non llela dan , pode denuncialo ante a Inspección de Traballo.

XORNADA MÁXIMA DE TRABALLO
40 horas de traballo, para as externas e tamén para as internas, aínda que a lei autoriza un “tempo de presenza” que non poderá exceder de 20 horas semanais de media no período dun mes.

EXISTEN VACACIÓNS PAGADAS SE NON SE TRABALLOU O ANO COMPLETO?
Si, gózanse e cóbranse en proporción ao tem po traballado entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de cada ano. É importante gozar e cobrar as vacacións antes de que finalice o ano natural, senón perdense, agás pacto en contrario
DÍAS FESTIVOS DE DEREITO PARA A TRABALLADORATen dereito a os mesmos días de festa que o resto dos traballadores :14 ao ano, dos que dous son festivos locais
A traballadora non está obrigada a traballar os días festivos e, polo tanto, non se lle pode descontar do salario o día festivo non traballado nin debe traballar máis horas outro día.

DESPEDIMENTO E DESESTIMENTO:
O desestimento é a comunicación que a parte empregadora realiza á traballadora por escrito comunicándolle o seu cesamento e ofredéndolle no mesmo momento unha indemnización de 12 días de salario por ano de servizo, límite 6 mensualidades. A indemnización en caso de despido sería de 20 días de salario por ano de servizo, límite 12 mensualidades.