XIARA
A Asociación de empregadas de fogar Xiara é unha entidade sen ánimo de lucro, recoñecida como entidade prestadora de servizos sociais ( E-5014) .Adicámonos ó estudo e a realización de accións encamiñadas a mellorar e cambiar a situación sociolaboral das empregadas de fogar en Galiza.

Fins principais
• Defender os dereitos laborais das empregadas de fogar equiparándoo ao resto das traballadoras e traballadores .
• Fomentar a asociación das empregadas de fogar.
• Promocionar a formación e a cualificación profesional
• Defensa dos dereitos das mulleres e denuncia da discriminación por razón de xénero
• Favorecer a participación activa das mulleres na vida económica sociocultural e política. Promovendo as condicións necesarias para que a igualdade de dereitos sexa real e efectiva.
• Servir de interlocutores diante das Administración Públicas para representar os intereses do colectivo.
• Asesorar as e aos propias/os empregadas/os de fogar dos seus dereitos, recursos, etc. Para que estes teñan en conta no seu exercicio profesional.

O noso traballo:
1º-Servizo de difusión da asociación: Publicidade en medios de comunicación, producións audiovisuais , cartelería, folletos informativos e divulgativos. co obxecto de potenciar o asociacionismo xa que ao realizarse en domicilios particulares non hai lugar común de traballo e cada traballadora ten unhas condicións laborais totalmente individuais. Sería importante, para mellorar as condicións xerais como traballadoras que as empregadas de fogar se sintan dentro dun colectivo.
2º-Encontros e charlas divulgativas dirixidas a empregadas de fogar, a empregadores de fogar e á sociedade en xeral. Pretendemos dar información e concenciar para que se deixe de infravalorar un traballo imprescindible na nosa sociedade.
3-Actividades formativas sobre a lexislación e os diversos cambios normativos de emprego doméstico na actualidade para as socias e para os técnicos/as que traballan a inserción laboral e a intermediación laboral de colectivos de mulleres que son empregadas no sector do traballo doméstico.
4-Asesoramento sociolaboral co obxecto de asesorar, formar, apoiar e promocionar o asociacionismo das traballadoras de fogar para que adquiran recursos que lles axuden a mellorar a súa situación sociolaboral.