A Asociación Xiara, é unha entidade sen ánimo de lucro que se constituíu en outubro de 2004 e cuxa finalidade é levar acabo accións encamiñadas a mellorar e cambiar a situación sociolaboral das empregadas de fogar en Galiza.
O noso traballo é a loita pola defensa dos dereitos das empregadas de fogar, que aínda,coa nova lexislación seguen a quedar desamparados en comparación con calquera outro traballador ordinario.A nosa labor é a loita por un traballo digno.
É por iso,polo que naceu Xiara.Os nosos servizos son totalmente gratuítos,se ven para cuestións de maior relevancia, como son calculo de liquidacións ou calquera outra xestión que teña que levarse a cabo ante o empregador,é necesario adquirir a condición de socio da nosa entidade.
Tal condición adquírese polo pago dunha cota anual que son 10€.
O pago desta cota proporciónate o dereito a todo tipo de accións de asesoramento da nosa entidade,así como a formación para que coñezas a túa lexislación.É un prezo simbólico así que animámoste a que entres a formar parte de nós.

Unha aperta
Carmel

Datos de Contacto:

Asociación Xiara
Rúa Concheiros 33,1ºandar
15704 Santiago de Compostela
Tlf:981580506
Nº Cuenta:2080 0348 37 3040011484